martes, 5 de febrero de 2013

devotos


(palabra de Szymborska)

 
 
 
 
Coñezo o mundo en seis legoas á redonda - Coñezo as herbas, sei coutar os males - Deus ainda non pousa a súa ollada na miña testa - Sigo a pregar por non morrer de repente - A guerra é un castigo e a paz un agasallo - Os xogos vergoñentos son cousa do demo - A miña alma é tan certa coma o carozo dunha ameixa
 
Non coñezo os xogos do corazón - Non coñezo a nudez do pai dos meus fillos - Lonxe de mín sospeitar que o Cantar dos Cantares - sexa un confuso borrador con riscaduras - Canto quero dicir está nas frases feitas - Non abuso da desesperación porque non é miña - só a gardo en depósito e por un tempo entre as miñas mans ...
 
                                                                                                                             Wislawa Szymborska





No hay comentarios:

Publicar un comentario