Achegádevos a un pequeno bosque que teñades cerca da casa e facede as vosas presentacións: bos días señores carballos, bos días señores piñeiros, bos días señor bidueiro ... ou o que sexa. Agora tedes que fotografíar tódalas árbores que alí se atopan. Unha por unha, ides facendo retratos sinxelos. Singularizade ás árbores -esto último é o máis importante-.
Se cadra podedes tomar algunha imaxe de grupo ou familia ainda que non é necesario.
Así como tampouco deixaríades de facelo se de xente respectabel se tratase, despedídevos do lugar con cumprimento e solemnidade (namentres tanto podedes remexer nas follas, a ser posible coas mans. Ulide as follas e as cascas que apodrecen no chan)





No hay comentarios:
Publicar un comentario