martes, 10 de septiembre de 2013

nº 107





... o que ven a demostrar que a cultura dos espantallos está no trance da desaparición. O conto é que hoxe, ser un clásico ven sendo algo revolucionario


 

martes, 6 de agosto de 2013

nº 100: cerdeira





Estou a imaxinar o monte neste intre da medianoite / algo máis está vivo / ademáis da soedade do reloxo /............................................... / o fuciño dun raposo anda a tocar poliñas, / follas, dous ollos seguen un movemento /... (Ted Hughes)


 

lunes, 22 de julio de 2013


Escribiu Cunqueiro: "Horst, na súa Demonomaxia, asegún cita Heine no seu libro Os espíritos elementais, conta que unha monxa tiña amores cun demo moi perfumado e barba rizada, que a visitaba na súa celda. Un día preguntoulle o demo á monxa: "A que non sabes que día entrei no teu corpo?" E a monxa non o sabía. E vai o demo e díxolle: "Pois aquel día no que comiches leituga" -un demo en forma de leituga sería moi dificil de descubrir, aínda que intentasen facelo uns avisados fidalgos de Pontevedra-." (Alvaro Cunqueiro: "O galego nas súas maxias". Conferencia pronunciada en Vigo o 21-4-1963)
 
 

domingo, 19 de mayo de 2013

Cando a luniña aparece ...







Cando a luniña aparece
i o sol nos mares se esconde,
todo é silencio nos campos,
todo na ribeira dorme.

               Rosalía de Castro



martes, 30 de abril de 2013

jueves, 25 de abril de 2013

o mundo de abaixo




Varios son os mundos que se lle ofrecen á mirada do observador, entre outros: aquel que se atopa ao mesmo nivel dos ollos, que ven sendo o ordinario; outro máis que está por debaixo daquela liña, e que pide agochar a cabeza e mirar cara o chan; o que se encontra por enriba das nosas cabezas, en tellados e ventás, nas polas das árbores ou no ceo; e o mundo do pequeno, o do case invisible e diminuto, aquel que necesita dun violento acercamento e ruptura das fronteiras da intimidade


andróxeno con gato


reloxo dotado con multiples alas e pés, o que lle outorga unha maior mobilidade; asimesmo, dispón de antenas para se orientar na escuridade


nena-cocho con dragón fumeante


gato, corazón amarelo e avión tripulado