jueves, 31 de enero de 2013

non-lugar




non-lugar
 
 
 
 
podería estar en calquera outro lugar, mais está en Melide
 
 
 
 
o concepto de non-lugar (non-lieu) foi nomeado por Marc Augé para facer referencia a lugares de tránsito ou traslado - potencialmente anónimos e intercambiables - en contraposición ós lugares históricos e aqueles outros cós que mantemos unha relación (os espazos vitais)
 
 
 
 
 
 
 

3 comentarios:

  1. Precisamente ese distanciamento ou desprezo (?) -o non-lugar podería estar en calquera outro lugar- que domina a relación entre os non-lugares e máis nós, abre camiño para unha certa asepsia no enfrontamento da súa estética; a resultas do anterior: a posibilidade - se esa é a nosa intención e temos a capacidade - dunha maior obxectividade na representación da beleza que lles é propia ou intrínseca.
    Quén o ía decir, esta verdade ou achádego contraponse -paradoxicamente- coa artificialidade imperante no trato e relacións humanas que teñen lugar ó seu amparo

    ResponderEliminar
  2. Interesante concepto o de non lugar, quizais tamén quede sitio para o non tempo...

    ResponderEliminar
  3. Moi interesante, ainda que a simple consciencia do non tempo (como a simple consciencia de estar vivindo a cotidianeidade) xa o anularía. Poderían selo as rutinas breves? as curtas esperas? estar nas berzas? periodos carentes de reflexións e actividade intelectual... non tempo. Aplicado ás imaxes, os retratos poderían reflictir este estado como a paisaxe o non lugar

    ResponderEliminar