martes, 10 de septiembre de 2013

nº 107





... o que ven a demostrar que a cultura dos espantallos está no trance da desaparición. O conto é que hoxe, ser un clásico ven sendo algo revolucionario


 

martes, 6 de agosto de 2013

nº 100: cerdeira





Estou a imaxinar o monte neste intre da medianoite / algo máis está vivo / ademáis da soedade do reloxo /............................................... / o fuciño dun raposo anda a tocar poliñas, / follas, dous ollos seguen un movemento /... (Ted Hughes)


 

lunes, 22 de julio de 2013


Escribiu Cunqueiro: "Horst, na súa Demonomaxia, asegún cita Heine no seu libro Os espíritos elementais, conta que unha monxa tiña amores cun demo moi perfumado e barba rizada, que a visitaba na súa celda. Un día preguntoulle o demo á monxa: "A que non sabes que día entrei no teu corpo?" E a monxa non o sabía. E vai o demo e díxolle: "Pois aquel día no que comiches leituga" -un demo en forma de leituga sería moi dificil de descubrir, aínda que intentasen facelo uns avisados fidalgos de Pontevedra-." (Alvaro Cunqueiro: "O galego nas súas maxias". Conferencia pronunciada en Vigo o 21-4-1963)