lunes, 22 de julio de 2013


Escribiu Cunqueiro: "Horst, na súa Demonomaxia, asegún cita Heine no seu libro Os espíritos elementais, conta que unha monxa tiña amores cun demo moi perfumado e barba rizada, que a visitaba na súa celda. Un día preguntoulle o demo á monxa: "A que non sabes que día entrei no teu corpo?" E a monxa non o sabía. E vai o demo e díxolle: "Pois aquel día no que comiches leituga" -un demo en forma de leituga sería moi dificil de descubrir, aínda que intentasen facelo uns avisados fidalgos de Pontevedra-." (Alvaro Cunqueiro: "O galego nas súas maxias". Conferencia pronunciada en Vigo o 21-4-1963)